O día 8 de maio na Aula Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro, terá lugar ás 16:00 horas a proxección do documental “Quererla es crearla” Educación inclusiva, dirixido por Cecilia Barriga, que reflexiona sobre a inclusión a través das historias de varios estudantes e as súas familias.
A continuación, terá lugar a analise e debate sobre o documental cunha mesa redonda organizada pola Dra. Ana Belén Fernández del Río e que contará coa asistencia confirmada dos seguintes membros:
- Decano e profesor da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo, Dr. D. Xosé Manuel Cid Fernández.
- Inspector de Educación, Dr. D. Xosé Fernández Fernández.
- Catedrático de Orientación educativa e profesor da Universidade de Vigo, Dr. Alberto José Barreira Arias.
- Profesora da Universidade de Vigo, Dra. Ana Belén Fernández del Río.
Os asistentes serán o alumnado da Mención de Educación Especial e o alumnado de Educación Social da materia Intervención socioeducativa para a inclusión social.