Proxecto de voluntariado en colaboración con FUNDACIÓN MENIÑOS: Brúxula

  • Obxectivo xeral: Promover a inserción social e laboral de pais e nais en situación ou risco de exclusión social e con iso evitar a separación dos menores do seu entorno familiar e promover a súa reunificación.
  • Obxectivo específico: Recuperar e fortalecer capacidades e habilidades persoais, mellorar a alfabetización dixital e desenvolver técnicas de procura de emprego e fomentar as redes de apoio.
  • Destinatarios do programa: Poboación en protección ou en risco de exclusión social
  • Destinatarios do programa: Poboación en protección ou en risco de exclusión social
  • Perfil das persoas voluntarias:
    • Boas habilidades comunicativas.
    • Manexo nivel usuario das ferramentas informáticas (internet, correo electrónico e procesador de textos).
    • Compromiso coa intervención e coa problemática das persoas participantes.
    • Capacidade para animar e motivar grupos.
  • Funcións da persoa voluntaria:
    • Apoio ao equipo técnico de Meniños na programación e implementación das sesións grupais do proxecto.
    • Realización de acompañamentos puntuais ás persoas participantes para o apoio na realización das xestións burocráticas que así o precisen.
  • Actividades que van a desenvolver:
    • Apoio ao equipo de Meniños nas sesións grupais de alfabetización dixital e procura de emprego.
    • Apoio no proceso de procura de emprego das persoas participantes.
    • Acompañamentos puntuais ás persoas participantes.
  • Lugar de realización das actividades: Fundación meniños – Sede Vigo: Edificio Praza América
    Praza de América, nº 2 – 36210 Vigo
  • Tempo de dedicación das persoas voluntarias: De 2 e 4 horas semanais.

 

Inscrición

 

Contacto

Marta Martínez Majolero – de 9.00 a 14.00 horas e luns e mércores tamén de tarde de 16.00 a 19.00 horas

986 240 436
brujula.vigo@meninos.org