O 21 de marzo, con motivo do Día Internacional da Francofonía (20 de marzo) e o día Mundial da Poesía, o alumnado de 4º curso da mención de linguas estranxeiras (francés) de Educación Infantil e Primaria realizou unha mostra de poemas no vestíbulo.
Cada estudante plasmou nunha folla un caligrama sobre un país francófono dos diferentes continentes. Algúns dos textos foron escritos orixinalmente polos propios alumnos e alumnas e outros pertencen a autores ou autoras pertencences ás culturas escollidas.
Todos os caligramas resultantes son compostos polos alumnos e alumnas.
Esperamos que esta iniciativa guste á comunidade e sirva de achegamento á cultura francófona.