{"id":394455,"date":"2023-04-21T00:00:00","date_gmt":"2023-04-20T22:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/fcce.uvigo.es\/un-centenar-de-docentes-e-futuros-docentes-participan-no-xxxiv-encontro-galego-portugues-de-educadores-as-pola-paz\/"},"modified":"2023-04-21T00:00:00","modified_gmt":"2023-04-20T22:00:00","slug":"un-centenar-de-docentes-e-futuros-docentes-participan-no-xxxiv-encontro-galego-portugues-de-educadores-as-pola-paz","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/un-centenar-de-docentes-e-futuros-docentes-participan-no-xxxiv-encontro-galego-portugues-de-educadores-as-pola-paz\/","title":{"rendered":"Un centenar de docentes e futuros docentes participan no XXXIV Encontro Galego-Portugu\u00e9s de Educadores\/as pola Paz"},"content":{"rendered":"<p>A zona da raia, concretamente Castro Laboreiro (Melga\u00e7o, Portugal) e Entrimo (Ourense), acolle desde este venres 21 de abril e ata o domingo 23 a celebraci\u00f3n do <a href=\"http:\/\/www.nova-escola-galega.org\/WebDefault.aspx?MenuInd=4&amp;MenuId=169&amp;Lng=gl-ES&amp;tl=0\">XXXIV Encontro Galego-Portugu\u00e9s de Educadores\/as pola Paz<\/a>. A cita, organizada por Educadores\/as pola Paz-Nova Escola Galega, Agappaz e a Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social do campus de Ourense, reunir\u00e1 a un centenar de estudantes, profesorado, educadoras e educadores e outras persoas \u201cinteresadas na memoria hist\u00f3rica da solidariedade galego-portuguesa na raia seca\u201d.<\/p>\n<p>Coa celebraci\u00f3n desta nova edici\u00f3n do encontro, que entre moitos apoios conta co da Vicerreitor\u00eda do Campus de Ourense, Xos\u00e9 Manuel Cid, decano da Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social, explica que \u201cd\u00e1moslle continuidade \u00e1 nosa traxectoria de promovermos pr\u00e1cticas educativas e de acci\u00f3n colectiva da cidadan\u00eda que promovan unha cultura de paz en todos os contextos sociais e educativos\u201d. Esta cultura, subli\u00f1a, acadarase cando a cidadan\u00eda te\u00f1a a capacidade de resolver os conflitos e loitar pola xustiza de forma non violenta e valore a diversidade cultural, obxectivo para o que, dixo, a axenda da Haia prop\u00f3n \u201cunha educaci\u00f3n radicalmente diferente para as xeraci\u00f3ns futuras: na contra de glorificar a guerra, educar para a paz, para a non violencia e para a cooperaci\u00f3n internacional\u201d. Por este motivo, comenta o pedagogo ourens\u00e1n, \u00e9 importante que \u201ca educaci\u00f3n lance as sementes para constru\u00edr un futuro con paz, cidadan\u00eda e vida inclusiva\u201d, tal e como pretende fomentar este encontro galego-portugu\u00e9s.<\/p>\n<p>A cita m\u00e1rcase como obxectivos afondar nas relaci\u00f3ns educativas e culturais de Galicia e Portugal; fundamentar a educaci\u00f3n para a paz mediante o recurso a fontes e estudos hist\u00f3ricos; amosar ao profesorado galego biograf\u00edas de referentes hist\u00f3ricos da profesi\u00f3n; dar a co\u00f1ecer realidades hist\u00f3ricas xeogr\u00e1ficas e culturais da fronteira galego portuguesa e participar dun encontro de debate horizontal entre docentes, favorecendo as actividades l\u00fadicas e din\u00e1micas. A programaci\u00f3n arranca na tarde deste venres no centro c\u00edvico de Castro Laboreiro co discurso de ingreso na Academia de Ciencias Sociais do Couto Mixto da profesora Paula Godinho, da Universidade Nova de Lisboa, que leva por t\u00edtulo <em>Memoria do Couto Mixto e condi\u00e7ao cosmopolita<\/em>, e a conseguinte resposta do presidente da entidade, Luis Garc\u00eda Ma\u00f1\u00e1. Seguiralle unha sesi\u00f3n titulada <em>A raia da amizade: do Penedo dos Tres Reinos ao Baixo Mi\u00f1o<\/em>, na que participar\u00e1n Santiago Veloso, de Ponte&#8230; nas Ondas!, e a profesora e investigadora lusa Diana Gon\u00e7alves, que falar\u00e1 das mulleres da raia, proxect\u00e1ndose o seu audiovisual <em>Mulleres da Raia<\/em>, para rematar o d\u00eda cunha \u201chomenaxe a Indiana e Pilar\u201d.<\/p>\n<h3>Reco\u00f1ecemento \u00e1 solidariedade na raia<\/h3>\n<p>Xa o s\u00e1bado, a programaci\u00f3n continuar\u00e1 coa presentaci\u00f3n de experiencias e comunicaci\u00f3ns sobre persoas exiliadas e perseguidas que encontraron refuxio na raia. As\u00ed, falarase dos guerrilleiros e refuxiados en Castro Laboreiro e de persoas como Eudosia Lorenzo, o Se\u00f1or Inacio e o Se\u00f1or Afranio, de Luis Soto, de Jos\u00e9 Pena Dom\u00ednguez e Bieito Fern\u00e1ndez ou da represi\u00f3n fascista do maxisterio galeguista. Tam\u00e9n haber\u00e1 obradoiros e unha cami\u00f1ada pola serra \u201cata os agochos emblem\u00e1ticos de persoas refuxiadas galegas protexidas pola comunidade castrexa\u201d, de Castro Laboreiro. O domingo, a actividade pecharase cunha homenaxe do Concello de Entrimo ao pobo de Castro Laboreiro \u201cpola solidariedade demostrada no per\u00edodo da represi\u00f3n franquista\u201d e coa presentaci\u00f3n da Revista Galega de Educaci\u00f3n, entre outras actividades.<\/p>\n<p>Con esta programaci\u00f3n, explican desde a organizaci\u00f3n da actividade, ademais da loita de 34 anos pola paz e a xustiza, os encontros \u201cqueren nesta oportunidade actuar na pr\u00e1ctica, facendo posible algo de xustiza con esas persoas que combateron o fascismo dos estados espa\u00f1ol e portugu\u00e9s, dando lecci\u00f3ns de solidariedade que non poden continuar a ser ignoradas, polo grande valor pedag\u00f3xico que atesouran\u201d. A educaci\u00f3n en Galicia, lembran, \u201cxa tivo noutra \u00e9poca eses principios de democracia, liberdade e xustiza, mais o fascismo reaccionou violentamente co prop\u00f3sito de desenterrar as ra\u00edces de calquera brote de pensamento disidente\u201d. As\u00ed, apuntan, \u201cdocentes e outras persoas dem\u00f3cratas da Galicia republicana en 1936 conseguiron fuxir dunha morte segura grazas \u00e1 solidariedade de milleiros de veci\u00f1os e veci\u00f1as da raia galego-portuguesa. Uns e outras merecen ser recordados e a s\u00faa memoria formar parte da educaci\u00f3n das novas xeraci\u00f3ns da raia e doutras terras galegas e portuguesas\u201d.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/centenar-docentes-futuros-docentes-participan-xxxiv-encontro-galego-portugues-educadoresas-paz\">Ler a noticia completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A zona da raia, concretamente Castro Laboreiro (Melga\u00e7o, Portugal) e Entrimo (Ourense), acolle desde este venres 21 de abril e ata o domingo 23 a &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/un-centenar-de-docentes-e-futuros-docentes-participan-no-xxxiv-encontro-galego-portugues-de-educadores-as-pola-paz\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":394452,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-394455","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/394455","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=394455"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/394455\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/394452"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=394455"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=394455"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=394455"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}