{"id":394447,"date":"2023-05-04T00:00:00","date_gmt":"2023-05-03T22:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/fcce.uvigo.es\/o-feminismo-inteseccional-na-intervencion-social-centra-unhas-xornadas-na-facultade-de-educacion-e-traballo-social\/"},"modified":"2023-05-04T00:00:00","modified_gmt":"2023-05-03T22:00:00","slug":"o-feminismo-inteseccional-na-intervencion-social-centra-unhas-xornadas-na-facultade-de-educacion-e-traballo-social","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/o-feminismo-inteseccional-na-intervencion-social-centra-unhas-xornadas-na-facultade-de-educacion-e-traballo-social\/","title":{"rendered":"O feminismo inteseccional na intervenci\u00f3n social centra unhas xornadas na Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social"},"content":{"rendered":"<p>A Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este m\u00e9rcores a celebraci\u00f3n da xornada <em>Feminismos inteseccionais: coidados, diversidade e ruralidade<\/em>. Coordinada pola profesora de Sociolox\u00eda Iria V\u00e1zquez e financiada pola Unidade de Igualdade da UVigo, a actividade contou coas conferencias <em>Mulleres, coidados e diversidade<\/em>, de Ana Mart\u00ednez, traballadora social na cooperativa A Morada, e <em>Unha ollada rural aos feminismos<\/em>, de Araceli Mac\u00edas Garc\u00eda, educadora social en Outon\u00eda.<\/p>\n<h3>A visi\u00f3n desde a experiencia<\/h3>\n<p>\u201cA interseccionalidade foi aplicada nas ciencias sociais pola avogada afroamericana Kimberl\u00e9 Crenshaw en 1989; a trav\u00e9s deste concepto p\u00f3dese avaliar as interacci\u00f3ns e intersecci\u00f3ns dos distintos sistemas de opresi\u00f3n, destacando as consecuencias destes nos dereitos das mulleres\u201d, comentou Iria V\u00e1zquez. Neste contexto, engadiu, \u201co obxectivo destas xornadas foi presentar o traballo que&nbsp; realizan d\u00faas cooperativas sociais, reivindicando o enfoque interseccional na intervenci\u00f3n social\u201d.<\/p>\n<p>Deste xeito, a coordinadora da actividade sinalo que a traballadora social Ana Mart\u00ednez Gonz\u00e1lez, da cooperativa A Morada de Vigo, expuxo \u201ca necesidade de pensar os coidados desde a xustiza e o seu reparto equitativo, lonxe de sacrificios e abnegaci\u00f3ns que a\u00ednda hoxe permean esta realidade na nosa sociedade\u201d. Tam\u00e9n abordou diversos proxectos en marcha na Morada, como os grupos de mulleres con diversidade funcional. Na s\u00faa intervenci\u00f3n falouse de como a interseccionalidade entre x\u00e9nero e diversidade funcional dev\u00e9n en violencias espec\u00edficas con diversos factores determinantes como: a falta de intimidade, de educaci\u00f3n sexual, de credibilidade, de illamento, etc.<\/p>\n<p>Por outra banda, Araceli Mac\u00edas Garc\u00eda, educadora social que forma parte da cooperativa Outon\u00eda no interior das provincias de Lugo e Ourense, falou da \u201cnecesidade de rachar cos mitos e estereotipos que rodean as mulleres do eido rural, denunciando a discriminaci\u00f3n simb\u00f3lica que sofren as persoas, e particularmente, as mulleres, no medio rural\u201d, segundo explicou Iria V\u00e1zquez. A relatora falou, en plural, da \u201cnecesidade de vincularnos cos feminismos comunitarios, que po\u00f1an o territorio como eixe vertebrador das s\u00faas reivindicaci\u00f3ns\u201d. A s\u00faa entidade pos\u00fae unha li\u00f1a de traballo sobre igualdade que busca \u00abcontribu\u00edr ao cambio de ollada cara unha \u00e9tica dos coidados e o bo trato\u00bb e entre outras actividades realizan proxectos de coeducaci\u00f3n, iniciativas participativas para mulleres maiores das zonas rurais ou implementaci\u00f3n de proxectos para a prevenci\u00f3n das violencias machistas.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/feminismo-inteseccional-intervencion-social-centra-xornadas-facultade-educacion-traballo-social\">Ler a noticia completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este m\u00e9rcores a celebraci\u00f3n da xornada Feminismos inteseccionais: coidados, diversidade e ruralidade. Coordinada &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/o-feminismo-inteseccional-na-intervencion-social-centra-unhas-xornadas-na-facultade-de-educacion-e-traballo-social\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":394444,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-394447","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/394447","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=394447"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/394447\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/394444"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=394447"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=394447"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=394447"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}