{"id":426112,"date":"2025-01-13T00:00:00","date_gmt":"2025-01-12T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/unha-guia-explica-a-receita-para-educar-en-diversidade-cultural-e-sostibilidade-a-traves-da-cocina\/"},"modified":"2025-01-13T00:00:00","modified_gmt":"2025-01-12T23:00:00","slug":"unha-guia-explica-a-receita-para-educar-en-diversidade-cultural-e-sostibilidade-a-traves-da-cocina","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/unha-guia-explica-a-receita-para-educar-en-diversidade-cultural-e-sostibilidade-a-traves-da-cocina\/","title":{"rendered":"Unha gu\u00eda explica a \u2018receita\u2019 para educar en diversidade cultural e sostibilidade a trav\u00e9s da coci\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p>O Grupo de Innovaci\u00f3n Docente en EduAcci\u00f3nPatrimonial (GIDEP) da Universidade de Vigo publica a gu\u00eda did\u00e1ctica<em> Unha \u2018receita\u2019 para a diversidade cultural: como educar a trav\u00e9s da antropolox\u00eda da alimentaci\u00f3n<\/em>. Nela prop\u00f3n o uso da coci\u00f1a como unha ferramenta educativa para abordar a diversidade cultural e reflexionar sobre cuesti\u00f3ns globais como a sostibilidade e a soberan\u00eda alimentaria desde \u201cun enfoque innovador que combina tradici\u00f3n, innovaci\u00f3n e interdisciplinariedade\u201d.<\/p>\n<p>A publicaci\u00f3n foi elaborada por un equipo multidisciplinar composto por Beatriz Comendador, Francisco Javier Aguiar, Adela V\u00e1zquez e Luc\u00eda Rodr\u00edguez e editada co apoio dunha convocatoria de divulgaci\u00f3n das actividades dos grupos de innovaci\u00f3n docente da UVigo. Con licenza de reco\u00f1ecemento-non comercial 4.0 internacional, a gu\u00eda estar\u00e1 dispo\u00f1ible de balde na web do grupo, contando ademais cunha pequena tirada en papel a cargo de Deimpresi\u00f3n.<\/p>\n<h3>Fomentar a conciencia cr\u00edtica<\/h3>\n<p>\u201cEsta gu\u00eda non s\u00f3 busca educar sobre a diversidade cultural, sen\u00f3n tam\u00e9n fomentar unha conciencia cr\u00edtica e sostible no alumnado, conectando a coci\u00f1a co contexto social, econ\u00f3mico e ambiental global\u201d, sinala o equipo coordinador. Deste xeito, engaden, ofrece unha perspectiva ampla e interdisciplinar, explorando o sistema culinario como un espazo de intercambio cultural e reflexi\u00f3n social. \u201cEsta abordaxe integra as humanidades e as ciencias sociais no estudo da alimentaci\u00f3n, en harmon\u00eda coas li\u00f1as de investigaci\u00f3n do Campus Auga. A proposta demostra que o estudo da alimentaci\u00f3n e a s\u00faa relaci\u00f3n coa sostibilidade ambiental ou coa econom\u00eda circular tam\u00e9n pode ser abordado con ferramentas destas disciplinas\u201d, indican. En li\u00f1a co traballo do Instituto de Agroecolox\u00eda e Alimentaci\u00f3n da Universidade de Vigo, desde o GIDEP explican que \u201ca gu\u00eda comparte a vocaci\u00f3n de promover sistemas agroalimentarios m\u00e1is resilientes e sostibles, destacando a importancia da educaci\u00f3n e a transferencia de co\u00f1ecemento para fomentar pr\u00e1cticas alimentarias responsables e socialmente xustas\u201d.<\/p>\n<p>Ademais, con esta iniciativa o grupo promotor pretende avanzar \u201cna consolidaci\u00f3n&nbsp; dun modelo educativo que combina tradici\u00f3n e innovaci\u00f3n, promovendo a reflexi\u00f3n sobre a diversidade cultural, a soberan\u00eda alimentaria e a sostibilidade\u201d. Neste senso detallan que desde unha perspectiva interdisciplinar buscan reforzar a relaci\u00f3n entre as pr\u00e1cticas alimentarias locais e os retos globais asociados \u00e1 econom\u00eda circular e \u00e1 sostibilidade ambiental. \u201cA nosa aspiraci\u00f3n \u00e9 que esta gu\u00eda sexa unha ferramenta \u00fatil non s\u00f3 para o \u00e1mbito universitario, sen\u00f3n tam\u00e9n para a transferencia de co\u00f1ecemento a nivel social e educativo\u201d, afirman.<\/p>\n<p>O libro, cun car\u00e1cter moi divulgativo, arranca presentando o que \u00e9 a antropolox\u00eda da alimentaci\u00f3n, campo de estudo que se centra en comprender as pr\u00e1cticas alimentarias e a relaci\u00f3n entre a comida e a cultura. A partir de a\u00ed explica ao p\u00fablico interesado, paso a paso e cun car\u00e1cter aplicado, como analizar unha receita de coci\u00f1a asociada a un grupo humano ou varios representativo dun ecotipo (como por exemplo o sushi en Xap\u00f3n ou o tamal en M\u00e9xico), para estudar as\u00ed aspectos culturais, sociais e hist\u00f3ricos asociados a esa receita. Ademais, amosa como trasladar graficamente esa an\u00e1lise a relatogramas ou memogramas e ofrece unha lista de de receitas de diferentes culturas suxeridas para analizar e un kit de recursos para facelo. Non falta un cap\u00edtulo destinado \u00e1 soberan\u00eda alimentaria e \u00e1 responsabilidade de cada persoa na produci\u00f3n e consumo responsable e sostible de alimentos.<\/p>\n<h3>Unha li\u00f1a de traballo<\/h3>\n<p>A gu\u00eda parte de experiencias previas como o proxecto Arque\u00f3logos \u00e1 mesa: ensaios sobre antropolox\u00eda alimentaria e arqueolox\u00eda (2005-2008), que promov\u00eda entre o alumnado da Facultade de Historia do campus de Ourense o estudo da alimentaci\u00f3n mediante traballos individuais sobre receitas de todo o mundo. \u201cEste enfoque evolucionou para converterse nun proxecto piloto de car\u00e1cter colaborativo, onde o alumnado analiza sistemas culinarios e explora as conexi\u00f3ns culturais e sociais que emerxen arredor da comida\u201d, sinalan desde o grupo promotor. A proposta estrut\u00farase a trav\u00e9s da materia Historia-Introduci\u00f3n \u00e1 Etnolox\u00eda, fomentando a transversalidade coa colaboraci\u00f3n de titulaci\u00f3ns do campus de Ourense como Traballo Social e Ciencia e Tecnolox\u00eda dos Alimentos. En 2023, esta iniciativa piloto foi presentada no Congreso de Socializaci\u00f3n do Patrimonio no Medio Rural (SOPA), que tivo lugar en M\u00e9xico e que estivo dedicado \u00e1 coci\u00f1a tradicional iberoamericana. \u201cEste evento permitiu enriquecer a nosa proposta docente grazas ao intercambio de co\u00f1ecementos e perspectivas internacionais\u201d, comenta por \u00faltimo o equipo da UVigo.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/guia-explica-receita-educar-diversidade-cultural-sostibilidade-traves-cocina\">Ler a noticia completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Grupo de Innovaci\u00f3n Docente en EduAcci\u00f3nPatrimonial (GIDEP) da Universidade de Vigo publica a gu\u00eda did\u00e1ctica Unha \u2018receita\u2019 para a diversidade cultural: como educar a &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/unha-guia-explica-a-receita-para-educar-en-diversidade-cultural-e-sostibilidade-a-traves-da-cocina\/\">Continued<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":426109,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-426112","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/426112","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=426112"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/426112\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/426109"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=426112"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=426112"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=426112"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}