{"id":391564,"date":"2023-02-19T20:24:55","date_gmt":"2023-02-19T19:24:55","guid":{"rendered":"http:\/\/fcce.uvigo.es\/imaisd\/proxectos-de-investigacion\/bullherprofes\/"},"modified":"2023-02-19T20:24:55","modified_gmt":"2023-02-19T19:24:55","slug":"bullherprofes","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/imaisd\/proxectos-de-investigacion\/bullherprofes\/","title":{"rendered":"Bullying, heteronormativa e etnocentrismo: o rol do profesorado de Educaci\u00f3n Secundaria"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"\/docs\/investigacion\/proxectos\/bullherprofes.jpg\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<div class=\"row\">\n<div class=\"col-lg-9\">\n<p><small>Ref.: PID2019-106856RA-I00<\/small><br \/>\n01\/06\/2020 &#8211; 31\/05\/2023 | Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n y Universidades<br \/>\nMar\u00eda Victoria Carrera Fern\u00e1ndez<br \/>\nParticipantes do centro: Nazaret Blanco Pardo, Mar\u00eda Victoria Carrera Fern\u00e1ndez, Alexandra Castro Faria, Xos\u00e9 Manuel Cid Fern\u00e1ndez, Deibe Fern\u00e1ndez Simo, Antonio Gonz\u00e1lez Fern\u00e1ndez.<br \/>\nImporte financiado: 29.040,00 \u20ac<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"col-lg-3\">\n<p class=\"mb-2\"><a class=\"btn btn-outline-primary btn-icon disabled\" href=\"https:\/\/gaubinet.wordpress.com\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">P\u00e1xina web<\/a><\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Descrici\u00f3n<\/h3>\n<p>A escola \u00e9 un potente axente de socializaci\u00f3n que contrib\u00fae \u00e1 construci\u00f3n da identidade a trav\u00e9s dunha socializaci\u00f3n cisheteronormativa e etnoc\u00e9ntrica. Ademais, a escola constit\u00fae un espazo interrelacional onde o alumnado desprega toda unha serie de pr\u00e1cticas de violencia, co\u00f1ecidas como bullying e ciberbullying, alimentadas por estes estereotipos e prexu\u00edzos aprendidos, que lle permiten reafirmar a s\u00faa identidade e delimitar as fronteiras entre o eu\/n\u00f3s e os outros. O bullying \u00e9 un significativo problema de sa\u00fade p\u00fablica que recibiu unha maior atenci\u00f3n nas d\u00faas \u00faltimas d\u00e9cadas. O estudo deste fen\u00f3meno centrouse maioritariamente no alumnado, atendendo fundamentalmente \u00e1 an\u00e1lise de factores individuais de corte psicol\u00f3xico, simplificando a problem\u00e1tica; obviando a influencia de variables de compo\u00f1ente m\u00e1is social, tales como as normas e os discursos sociais en torno ao x\u00e9nero, a sexualidade e a etnia.<\/p>\n<p>Recentemente, estudos levados a cabo con adolescentes, entre os que destacan os traballos publicados polo noso equipo de investigaci\u00f3n, demostran de forma consistente que as variables socioculturais relativas \u00e1  cisheteronormatividade e ao etnocentrismo (tales como os estereotipos de x\u00e9nero, as actitudes sexistas e de rexeitamento \u00e1 diversidade sexual e cultural do alumnado) te\u00f1en unha influencia decisiva na s\u00faa participaci\u00f3n en situaci\u00f3ns de malos tratos entre iguais. Con todo, non existen traballos relevantes que estudasen estas variables no profesorado e a s\u00faa relaci\u00f3n coas situaci\u00f3ns de bullying experimentadas polo alumnado. <\/p>\n<p>Para dar resposta a estas limitaci\u00f3ns e avanzar sobre a investigaci\u00f3n previa des\u00e9\u00f1ase este proxecto, cuxo obxectivo principal ori\u00e9ntase a analizar a relaci\u00f3n entre os co\u00f1ecementos, actitudes e pr\u00e1cticas docentes do profesorado de secundaria relativas \u00e1 igualdade de x\u00e9nero, a diversidade sexual e cultural, e o bullying, e as situaci\u00f3ns de malos tratos entre iguais experimentadas polo seu alumnado.  <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Obxectivos<\/h3>\n<p>Este estudo responde principalmente os obxectivos establecidos no Reto 6 \u201cCiencias sociais e humanidades e ciencia con e para a sociedade\u201d do Plan Estatal 2017-2020, ao contribu\u00edr dunha forma innovadora e pioneira a unha mellor comprensi\u00f3n da contorna educativa e, en concreto, \u00e1 comprensi\u00f3n da din\u00e1mica de fen\u00f3meno do bullying escolar, que constit\u00fae, tal e como se sinalou, un problema social e de sa\u00fade p\u00fablica de relevancia mundial. En concreto, este estudo constit\u00fae o primeiro traballo que analiza a violencia escolar entre iguais desde unha perspectiva socioecol\u00f3gica atendendo \u00e1 s\u00faa relaci\u00f3n coas variables cis-heteronormativas e etnoc\u00e9ntricas do profesorado. Neste sentido, o proxecto aqu\u00ed proposto avanza sobre a investigaci\u00f3n previa a dous niveis:  <\/p>\n<ol>\n<li>Incorpora ao profesorado como elemento crave de estudo na x\u00e9nese e, por tanto, na prevenci\u00f3n, do fen\u00f3meno do bullying.<\/li>\n<li>Ampl\u00eda a perspectiva individualizadora, psicol\u00f3xica e patologizadora maioritaria na an\u00e1lise do fen\u00f3meno, ao estudar no profesorado variables socioculturais relativas aos estereotipos de x\u00e9nero, as actitudes cara \u00e1 igualdade e a valoraci\u00f3n das identidades sexuais e culturais, que se demostraron claves na an\u00e1lise e comprensi\u00f3n do fen\u00f3meno no alumnado.<\/li>\n<\/ol>\n<p>O desenvolvemento desta investigaci\u00f3n permitir\u00e1 mellorar significativamente a comprensi\u00f3n e prevenci\u00f3n do bullying, ao analizar por primeira vez a relaci\u00f3n dos co\u00f1ecementos, actitudes e pr\u00e1cticas educativas do profesorado relativas ao x\u00e9nero, a diversidade sexual e cultural e o bullying, e o fen\u00f3meno dos malos tratos entre iguais experimentados polo seu alumnado, as\u00ed como, de forma xeral, a convivencia no centro. Os seus resultados ser\u00e1n especialmente relevantes para o dese\u00f1o e desenvolvemento de programas de formaci\u00f3n do profesorado que te\u00f1an un impacto significativo na prevenci\u00f3n da violencia escolar e a promoci\u00f3n da convivencia. En definitiva, contrib\u00fae non s\u00f3 \u00e1 comprensi\u00f3n m\u00e1is integradora da x\u00e9nese do fen\u00f3meno do bullying, sen\u00f3n tam\u00e9n \u00e1 identificaci\u00f3n de respostas educativas viables para a s\u00faa prevenci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Actividades<\/h3>\n<p>An\u00e1lise e diagnose: Participa no estudo unha mostra representativa de profesorado e alumnado de Educaci\u00f3n Secundaria Obrigatoria a nivel auton\u00f3mico e nacional, utilizando un enfoque multim\u00e9todo, a trav\u00e9s da integraci\u00f3n do enfoque cuantitativo e cualitativo. Na dimensi\u00f3n cuantitativa do estudo desenv\u00f3lvese un dese\u00f1o de tipo correlacional, tam\u00e9n denominado ex post facto a trav\u00e9s de enquisa por mostraxe e de car\u00e1cter transversal. A dimensi\u00f3n cualitativa l\u00e9vase a cabo a trav\u00e9s da realizaci\u00f3n de grupos de discusi\u00f3n co alumnado e entrevistas semiestructuradas co profesorado. Esta dimensi\u00f3n do estudo constit\u00fae un punto crave, ao permitirnos acceder a interpretaci\u00f3ns \u00e1s cales ser\u00eda imposible chegar desde outro tipo de metodolox\u00edas, destacando, entre as s\u00faas principais vantaxes, a s\u00faa capacidade para acceder a situaci\u00f3ns reais sen cousificar aos seus participantes, a trav\u00e9s das s\u00faas propias voces e experiencias.<\/p>\n<p>Divulgaci\u00f3n: feedback aos centros educativos participantes e xornadas de presentaci\u00f3n dos resultados.<\/p>\n<p>Publicaci\u00f3n cient\u00edfica: artigos en revistas especializadas de \u00e1mbito nacional e internacional, libros-manuais de prevenci\u00f3n\/intervenci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Ref.: PID2019-106856RA-I00 01\/06\/2020 &#8211; 31\/05\/2023 | Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n y Universidades Mar\u00eda Victoria Carrera Fern\u00e1ndez Participantes do centro: Nazaret Blanco Pardo, Mar\u00eda Victoria &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/imaisd\/proxectos-de-investigacion\/bullherprofes\/\">Continued<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":391550,"menu_order":70,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"views\/template-fullwidth.blade.php","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-391564","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/391564","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=391564"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/391564\/revisions"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/391550"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/fcce.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=391564"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}