Vicente Álvarez

Profesor/a asociado/a

Área de Didáctica da Expresión Musical
Departamento de Didácticas Especiais

Información de contacto

Facultade de Educación e Traballo Social
Pavillón 1, Planta 1, Despacho 2
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
rvicente@uvigo.es

Breve CV

Rosa María Vicente Álvarez é mestra no ensino público dende hai case 20 anos. É doutora en pedagoxía e a súa máxima preocupación atópase na escola. Coñece a realidade infantil e o ensino obrigatorio de Galicia, e ten estudado comparativamente outras realidades da contorna do país e de Europa. Ademais, considera que o coñecemento da organización e xestión dos centros de traballo son fundamentais para construir espazos de mellora e en continuo crecemento. Ten realizado seminarios, congresos e simposios ao redor da súa paixón, a educación musical na infancia, xunto con investigadoras como Avra Pieridou, Jessica Pitt ou Susan Young, entre outras. Ademais, ten realizado estudos en grupos de investigación a redor dos materiais didáctivos e a tecnoloxía como ferramenta educativa a nivel nacional da man de Manuel Area e Suso Rodríguez. Tamén ten estudado a música popular infantil e o seu desenvolvemento didáctico nas aulas de diversos países do Meditarráneo a través dunha colaboración nun programa de Erasmus +. Por outra banda, é unha apoixoada do mundo do órgano ibérico grazas a Marisol Mendive.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Educación Infantil

O05G110V01504 | Expresión musical e a súa didáctica

2º cuadrimestre

Grao en Educación Primaria

O05G120V01403 | Expresión e linguaxe musical

 

Investigación

Liñas de investigación

  • Materiais didácticos
  • Avaliación de recursos didácticos
  • Tecnoloxías educativas