Unha xornada pon en relación educación, música e medio ambiente

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este luns a xornada Música e medio ambiente: proxectos e experiencias educativas interdisciplinares. Como abordar os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) a través da música desde os diferentes contextos educativos e a educación para a concienciación ambiental a través da música e do son foron algunhas das cuestións tratadas nesta sesión. A actividade, que tivo un carácter moi aplicado, estivo organizada pola profesora da facultade Lucía Casal e foi impartida pola profesora da Universidade de Santiago de Compostela Laura Tojeiro. Os seus obxectivos foron fomentar a concienciación ambiental a través da música; dar a coñecer experiencias prácticas para traballar os ODS a través de actividades musicais; estimular a interdisciplinariedade, globalidade e transversalidade a través das artes; fomentar a educación pola sostibilidade dende os diferentes ámbitos educativos e empregar a linguaxe artística como canle de expresión e divulgación. Aínda que aberta a calquera persoa interesada, a xornada estivo especialmente dirixida a alumnado e profesionais dos ámbitos educativo e social.

 

Ler a noticia completa no DUVI