Xornada Música e medio ambiente: proxectos e experiencias educativas interdisciplinares

Como abordar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a través da música dende os diferentes contextos educativos?
É posible educar para a concienciación ambiental a través da música e do son?
Ven pescar ideas para os teus traballos académicos ou prácticas profesionais nos ámbitos educativo e social.
Achégate á sesión “Música e medio ambiente: proxectos e experiencias educativas interdisciplinares”

Obxectivos:

  • Fomentar a concienciación ambiental a través da música.
  • Coñecer experiencias prácticas para traballar os ODS a través de actividades musicais.
  • Estimular a interdisciplinariedade, globalidade e transversalidade a través das artes.
  • Fomentar a educación pola sostibilidade dende os diferentes ámbitos educativos.
  • Empregar a linguaxe artística como canle de expresión e divulgación.

Día e hora: 17 de abril de 2023 de 12:45 h a 14:30 h
Lugar: Sala Emilia Pardo Bazán (Edificio de Ferro, Universidade de Vigo, Campus de Ourense)
Imparte: Laura Tojeiro Pérez (Universidade de Santiago de Compostela)
Organiza: Lucía Casal de la Fuente (Universidade de Vigo)
Destinatariado: a sesión está aberta a calquera persoa interesada, pero está especialmente dirixida a estudantes e profesionais dos ámbitos educativo e social.

Non se require de inscrición previa.
A UVIGO emitirá un certificado de asistencia ás persoas que o soliciten á organizadora da sesión o propio día da sesión.